O Centro de Día da vila do Albariño, ten unha situación xeográfica privilexiada. Sitúase estratéxicamente enfronte do mar, o cal pódese mirar a través dos ventanais do comedor mentras almorzamos ou xantamos e, cando a marea está baixa, pódese ollar ás mariscadoras traballando “na seca”, referíndonos coloquialmente ó gran areal que se forma e do que se recollen as ansiadas e codiciadas ameixas. Esta profesión foi compartida por moitas das mulleres que hoxe en día son usuarias do Centro e á que actualmente adícanse as súas fillas.

O centro é moi luminoso, conta con espazos accesibles e decorados persoalmente, coa calidez dun fogar. Na parte de atrás, temos unha pequena horta que traballan a maioría, ben dirixindo as tarefas a realizar ou ben, facendo a parte máis dura: o movemento de terra, a plantación e a recolección.

Pero sen dúbida o mellor, é o entusiasmo e a espontaneidade das profesionais e das persoas que acuden diariamente ó centro e que caracteriza o ambiente agradable que alí se respira e que cheira á frescura do mar. Hai que saber que ler o periódico é unha odisea porque sempre é mais divertido falar que escoitar. Que a ximnasia faise a ritmo de bachata, diga o que diga a terapeuta. Que xogar ás cartas e gañarlle ao persoal sen trampa nin cartón, é un motivo de orgullo; e perder, de revancha. Que xogar ó bingo ten de premio unha viaxe a Cancún, con parada na Arxentina.

E que saír ao mercado sempre ten voluntarias, porque non ten precio ver o mar, as rebaixas e ó veciños, dunha soa vez. Que non se volve do mercado sen pasar pola praza de ver cómo está o peixe e sen convidar ós coñecidos a que nos visiten no centro. Somos moi bos anfitrións e sempre deixamos as portas ben abertas.